Skatepark e pista polideportiva na Alameda de Goián

Nova área deportiva e remodelación do espazo público do núcleo de Goián

CLIENTE

Concello de Tomiño

PROXECTO

OTIMA

DIRECCIÓN DE OBRA

OTIMA

LOCALIZACIÓN

Goián, Tomiño (Pontevedra)

SUPERFICIE

3.800 m2

CONSTRUCIÓN

2021

O proxecto forma parte dunha serie de actuacións realizadas cuxo obxectivo é a remodelación do espazo público do núcleo urbano de Goián, coa redefinición da Alameda e a reordenación dos distintos equipamentos que se concentran ao seu redor. Estas obras permiten dotar dun amplo equipamento deportivo á contorna da Alameda, complementando ao xa existente ao aproveitar un dos novos espazos que se orixinan como resultado da reconfiguración da principal zona verde do núcleo.

A intervención, encadrada dentro do proxecto “Máis Goián”, busca conectar todos os equipamentos públicos da vila a través da mobilidade peonil, e completa a oferta de espazos deportivos coa incorporación dunha pista polideportiva e o skatepark, que con 1.500 m2 convértese nun dos maiores de Galicia.