Reordenación do núcleo urbano de Seixo
Modificación Puntual do PXOM de Tomiño para reordenar determinadas áreas de Seixo afectadas pola Av. do Baixo Miño
CLIENTE
Concello de Tomiño
EQUIPO REDACTOR
LOCALIZACIÓN
O Seixo, Tomiño (Pontevedra)
SUPERFICIE
16,3 has
ESTADO
En tramitación
A Modificación Puntual levada a cabo no núcleo urbano de Seixo xorde pola necesidade de adaptar o planeamento municipal para incorporar a Avenida do Baixo Miño, unha vez aprobado definitivamente o Proxecto de trazado da devandita infraestrutura viaria, para dar cumprimento ao recollido na lexislación de ordenación territorial en relación coa lexislación sectorial de estradas.
Esta necesidade aprovéitase como unha oportunidade non só de resolver a necesaria integración da infraestrutura viaria no núcleo, senón tamén para reformular determinados aspectos da ordenación establecida no PXOM, tras máis de 20 anos de vixencia, para corrixir as importantes deficiencias que presenta, especialmente no referido á calidade do espazo público e da paisaxe urbana.