Política de Calidade e Medio Ambiente
En Ordenación Territorial Infraestruturas e Medio Ambiente, S.L., preocupámonos pola prestación dos nosos servizos de realización e deseño de proxectos e estudos de enxeñería civil, direccións de obra, coordinación de seguridade e saúde, asistencias técnicas e redacción de plans e estudos de ordenación do territorio e urbanismo, co fin último de satisfacer as necesidades dos nosos clientes, así como da contorna en xeral a través da implicación de toda a organización na mellora continua dos nosos procesos, o establecemento de obxectivos tanto relacionados coa calidade como ambientais, o respecto ao medio ambiente e un esixente control sobre o cumprimento legal.
Por iso, a nosa organización conta coas seguintes máximas a cumprir dentro do programa de desempeño definido polo Sistema de Xestión da Calidade e do Medio ambiente:
Por iso, a nosa organización conta coas seguintes máximas a cumprir dentro do programa de desempeño definido polo Sistema de Xestión da Calidade e do Medio ambiente:
- Asegurarse que en todos os nosos servizos obtense a máxima satisfacción do cliente cumprindo en todo momento coas condicións e cos requisitos definidos por eles, así como con todos aqueles requisitos regulamentarios e outros aplicables, tanto no ámbito de calidade como relacionado cos aspectos ambientais identificados.
- Establecer unha actitude de mellora no desempeño fronte aos impactos ambientais que se xeran coa nosa actividade e protección do medio ambiente e a prevención da contaminación.
- Previr, na medida do posible, os efectos contaminantes que se puidesen producir cara ao medio ambiente e a contorna, minimizando o consumo de recursos e a xeración de residuos resultantes.
- Proporcionar a información, formación e medios necesarios aos empregados da organización para conseguir que colaboren activamente nestas causas.
A Dirección
28 de setembro de 2020