Mellora da accesibilidade e integración urbana en Ponteareas

Proxecto de reordenación da contorna da piscina e centro deportivo municipal e mellora da accesibilidade ao centro de saúde

CLIENTE

Concello de Ponteareas

PROXECTO

OTIMA

DIRECCIÓN DE OBRA

OTIMA

LOCALIZACIÓN

Ponteareas (Pontevedra)

SUPERFICIE

9.500 m2

CONSTRUCIÓN

2021

A actuación consiste na transformación de toda a contorna e espazos públicos anexos á piscina e ao centro deportivo municipal, que compoñen o Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas. A proposta inclúe tamén a mellora de accesos ao Centro de Saúde, reconfigurando así unha zona que aglutina as principais instalacións e equipamentos do centro urbano.

Dentro dos obxectivos do proxecto cabe destacar a intención de favorecer o tránsito peonil e a continuidade, seguridade e accesibilidade de todos os percorridos nunha área que dá continuidade á contorna natural do río Tea.