Quen somos

A empresa Ordenación Territorial Infraestruturas e Medio Ambiente S.L. foi creada no ano 2017 por enxeñeiros e arquitectos, co obxecto de dar continuidade unha intensa actividade de asistencia técnica e consultoría técnica nos campos da planificación territorial e urbana e da enxeñería civil.

OTIMA está formada por un equipo de máis de 12 profesionais de diferentes disciplinas con acreditada experiencia, ademais de contar cunha rede de colaboradores externos habituais

O compromiso de OTIMA cos seus clientes, o seu persoal e coa sociedade, queda reflectido na definición da súa política empresarial, tendente á máxima calidade de servizo, con vocación de propiciar a investigación interdisciplinaria e a innovación. A nosa realidade empresarial permítenos garantir un servizo eficiente en calquera tipo de proxecto, por moi singular que sexa.

Os nosos servizos

URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Traballamos na redacción de documentos de ordenación territorial, plans xerais e plan de desenvolvemento como plans parciais ou especiais, tanto para promotores públicos como privados. Proxectos de reparcelamento.

OBRA CIVIL E INFRAESTRUTURAS

Desenvolvemento de proxectos e asistencias técnicas en enxeñería urbana, infraestrutura viaria, sistemas xerais e redes de servizos e proxectos de urbanización, incluíndo a fase de planificación, dirección e control da obra.

MEDIO AMBIENTE E PLANS DE PROTECCIÓN

Documentos de avaliación ambiental para plans e proxectos, estudos de visibilidade e integración paisaxística e análise da capacidade de acollida do territorio, aplicando o uso de sistemas de información xeográfica (SIX).

TRANSPORTE E MOBILIDADE URBANA

Asistencia técnica e servizos de consultoría en proxectos de mobilidade urbana sostible, estudos de tráfico e transporte público e proxectos de accesibilidade.

A calidade nos traballos e a personalización dos mesmos, son un obxectivo constante para a empresa, que traballa coa única finalidade de conseguir a maior satisfacción dos seus clientes.

Esta política esténdese ao respecto polo medio ambiente. En conxunto, isto levounos a implementar un Sistema integrado de Garantía da Calidade e Xestión Ambiental, cuxo obxectivo é certificar a existencia e o seguimento dun conxunto de procedementos, elaborados de acordo cos requisitos das normas UNE-EN ISO 9001:2015 e UNE-EN ISO 14001:2015.

Bono iluminación

Substitución de luminarias por equipos con tecnoloxía LED