Conxunto residencial PEI-9 Portonovo

Desenvolvemento integral do ámbito delimitado no PXOM de Sanxenxo mediante un Plan Especial de Reforma Interior

CLIENTE

Gestilar

EQUIPO REDACTOR

OTIMA

COLABORADORA

María Fandiño, arquitecta e paisaxista

PROXECTO DE URBANIZACIÓN

OTIMA

PROXECTO DE EDIFICACIÓN

OTIMA – César Álvarez Arines

PROXECTO DE REPARCELACIÓN

OTIMA

LOCALIZACIÓN

Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra)

APROBACIÓN DEFINITIVA

2023

O Plan Especial do polígono de execución integral 9 redáctase co obxectivo de ordenar o espazo baleiro existente nas inmediacións da praia de Portonovo, completando a trama urbana da fronte costeira.

A proposta adopta os criterios fixados no Plan de Ordenación Litoral, atendendo aos valores deste espazo xeográfico singular e expón unha ordenación que dea prevaleza ao espazo público, considerado valor fundamental da actuación e integrándoo como un espazo continuo, conectado e permeable cos espazos edificados e a urbanización das zonas verdes privadas.

A diferenza das urbanizacións tradicionais da costa, onde cada unidade de actuación resólvese como unha peza illada, o PEI-9 ten a vontade de salientar a paisaxe lindeira a través dunha proposta que toma partida do medio natural establecendo un nexo propio do lugar.