Reordenación do ámbito Barrio do Cura
Modificación Puntual do Plan Xeral de Vigo
CLIENTE
Autonomy Real Estate
EQUIPO REDACTOR
OTIMA – Alfonso Penela
PROXECTO DE URBANIZACIÓN
OTIMA – Alfonso Penela
PROXECTO DE REPARCELACIÓN
OTIMA – Javier García Martínez
LOCALIZACIÓN
Vigo
SUPERFICIE
23,7 has
APROBACIÓN DEFINITIVA
2021
O “Barrio do Cura” é unha peza de especial singularidade no centro urbano de Vigo situada entre o Casco Vello e as tramas propias dos crecementos urbanos dos anos sesenta e setenta cara ao suroeste. Constitúe así unha unidade morfolóxica diferenciada que conforma un baleiro urbano en proceso de degradación no núcleo da cidade, non resolta desde o punto de vista urbanístico.
A modificación puntual exponse como unha actuación de renovación e rexeneración urbana para resolver esa descontinuidade formal e funcional entre o tecido da cidade histórica e o ensanche da segunda metade do século pasado, cunha solución que conforma un novo espazo urbano de centralidade ao redor do espazo público e que posibilita a mobilidade transversal entre o eixo Paseo de Alfonso XII – Pi y Margall coa Rúa Torrecedeira e as zonas máis baixas do contorno da actuación.