AVISO LEGAL
1 LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Que o dominio https://otima.es/, a partir de agora Sitio Web, está rexistrado a nome de ORDENACIÓN TERRITORIAL, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE, S.L., con domicilio social en rúa Ecuador, 20 entreplanta, 36203 – Vigo (Pontevedra); sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra no Tomo 4184, Folio 110, Folla PO-61551, inscrición primeira, provista do CIF ESB27841535, a partir de agora O TITULAR.
2 CONDICIÓNS DE USO
I.- USUARIOS/AS
O acceso e/ou uso do Sitio Web https://otima.es/ atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, de ser o caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do Sitio Web.
II.- USO DO SITIO WEB, DOS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS
O/a usuario/a comprométese a empregar o Sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido o uso da Web con fins ilícitos ou prexudiciais contra O TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que, de calquera maneira, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do Sitio Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
- A súa reprodución, distribución ou modificación, agás que se conte coa autorización dos/as seus/súas lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
- Calquera vulneración dos dereitos DO TITULAR ou dos/as seus/súas lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
- Calquera intento de obter os contidos do Sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/as usuarios/as, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen ningún prexuízo á web.
III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen aviso previo, sempre que o considere oportuno, a estrutura e o deseño do Sitio Web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.
IV.- HIPERLIGAZÓNS
O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e o Sitio Web estará sometido ás seguintes condicións:
- Non se permite a reprodución, nin total nin parcial, de ningún dos servizos nin contidos do Sitio Web.
- Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, lema ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR.
- Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web dende a que se realice a “hiperligazón”, nin das informacións e manifestacións incluídas nela.
V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ter como causa:
- A falta de dispoñibilidade, mantemento e funcionamento efectivo da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
- A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou prexudiciais nos contidos.
- A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/as usuarios/as, dos contidos.
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do Sitio Web, dos seus servizos ou contidos, por parte dos/as usuarios/as.
- A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/as usuarios/as no Sitio Web.
- O incumprimento por parte de terceiros/as das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos/ás usuarios/as a través do Sitio Web.
VI. DURACIÓN
A duración da prestación do servizo do Sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito de interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que a integran, nos mesmos termos recollidos na condición terceira.
VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
ORDENACIÓN TERRITORIAL, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE, S.L. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do/a usuario/a para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que o/a Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, ORDENACIÓN TERRITORIAL, INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE, S.L. e o/a Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Vigo.
3 BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
De conformidade coa Lei de servizos da sociedade da información 34/2002, garántese ao/á usuario/a a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo dun mes desde que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a administracion@otima.es.