Avenida do Baixo Miño

Proxecto construtivo da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo

CLIENTE

Deputación de Pontevedra

PROXECTO

OTIMA

LOCALIZACIÓN

Tomiño (Pontevedra)

CONSTRUCIÓN

2019

O obxecto do proxecto é a mellora da conexión entre a EP-3102 e a PO-344, ao seu paso polo núcleo do Seixo, mediante unha variante que mellore tamén a accesibilidade e a integración urbanística do conxunto urbano.  O novo esquema viario permite derivar o tráfico cara ao exterior da trama urbanística, proporcionando unha mellora substancial da calidade urbana no núcleo e de seguridade viaria. Ademais integra unha senda de 6 metros de ancho favorecendo a mobilidade peonil e ciclista.


O deseño da nova Avenida ten en conta tamén o trazado da VAC Tui-A Guarda, que contempla un enlace en O Seixo, de forma que o vial resulta compatible coa previsión do devandito proxecto.