Senda peonil e ciclista
Acondicionamento da fronte marítima entre o centro comercial A Laxe e o acceso ao Porto Pesqueiro
CLIENTE
Autoridad Portuaria de Vigo
PROXECTO
OTIMA
DIRECCIÓN DE OBRA
OTIMA
LOCALIZACIÓN
Área portuaria, Berbés (Vigo)
SUPERFICIE
8.000 m2
CONSTRUCIÓN
2023
O proxecto intégrase nunha serie de actuacións que o Porto de Vigo está a levar a cabo para a renovación do espazo público do vial de Beiramar, compatibilizando a zona de servizo portuaria cun uso cidadán. Trátase de conseguir unha continuidade en toda a fachada marítima, potenciando os percorridos peonís e ciclistas, conectando porto e cidade.
A intervención localízase entre a glorieta de acceso á Estación Marítima de Vigo e a entrada ao Porto Pesqueiro, e integra un itinerario peonil e ciclista accesible e seguro xerando unha continuidade nos percorridos peonís, actualmente inexistente nese tramo, á vez que conecta as recentes actuacións levadas a cabo na Avenida Beiramar.