Cidade Deportiva de Afouteza - Fase I

Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta

CLIENTE

Real Club Celta de Vigo

EQUIPO REDACTOR

OTIMA – Irisarri+Piñera arquitectos

PROXECTO DE EDIFICACIÓN

Irisarri+Piñera arquitectos

LOCALIZACIÓN

Mos (Pontevedra)

SUPERFICIE

15 has

APROBACIÓN DEFINITIVA

2022

O documento formúlase con obxecto de ordenar a implantación das instalacións destinadas a usos dotacionais deportivos que lle permitan ao RC Celta continuar reforzando as súas estruturas formativas. A entidade deportiva realiza un importante esforzo na promoción do deporte base e na formación da súa canteira, consolidada como un referente a nivel nacional e internacional. Este esforzo de formación esixe dunhas instalacións adecuadas que permitan dotar a infraestrutura material necesaria co obxectivo de ofrecer sempre un maior rendemento no desenvolvemento dos deportistas de todas as súas categorías.

O Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións redáctase para materializar e resolver as necesidades máis perentorias do club, establecendo así unha primeira fase da Cidade Deportiva Afouteza. Esta Fase I consiste na materialización dos campos de adestramento dos equipos de fútbol profesionais e semiprofesionais coas instalacións complementarias necesarias para o seu uso.