Ordenación Territorial, Infraestruturas e Medio Ambiente
Planeamento e xestión urbanística
Desenvolvemos proxectos de ordenación territorial e urbanística a calquera escala e de diversa complexidade, buscando sempre solucións innovadoras e eficientes que acheguen valor engadido aos nosos clientes.
A coordinación da xestión urbanística e inmobiliaria coa planificación constitúe unha calidade inherente nos nosos traballos, achegando garantías de éxito.
Enxeñaría urbana e obra civil
Realizamos actividades de consultoría e asistencia técnica nos ámbitos da enxeñería urbana, infraestruturas viarias e redes de servizos.
A nosa actividade abarca todas as etapas na execución de proxectos, desde o cálculo e deseño ata a supervisión e control de obra para a súa posta en marcha.